dd

Anxo Dafonte
Fotografía: ©Patty Inostroza, 2021

Cando fago fotografías na rúa non procuro escenarios preparados e por iso non me colle na cabeza ter que pedirlle permiso a ninguén á hora de facer unha foto porque iso xa condicionaría o resultado o que, para min, non pode chegar a ser nin documental nin fotografía de rúa.
Trato de ser respectuoso e coma moito publicar imaxes ou situacións simpáticas pero en ningún caso coa pretensión de ofender nin a quen apareza na imaxe nin a quen a poida ollar. Isto non quere dicir que o meu baremo ou liñas vermellas sexan as mesmas cas túas.
No caso de recoñecerte nunha fotografía e sentirte incómodo por elo, non tes máis ca poñerte en contacto comigo para falalo. Non terei ningún reparo en retirar a imaxe máis pronto ca tarde se chegase a ser preciso.

Non dubides en ningún caso a escribirme ao seguinte enderezo para calquera consulta ou dúbida que che poida xurdir:
Estarei encantado de respostar a calquera cuestión que se che ocorra.
Para elo preciso que me deixes a túa mensaxe, un nome a quen dirixirme e un enderezo de correo electrónico ao que che responder. Esos datos non os cederei nin total nin parcialmente a terceiros nin os usarei máis alá desa mera comunicación, quedando entre ti máis eu.
Ao enviarme calquera consulta aceptas que eu, Anxo Dafonte, dispoña dos datos de caracter persoal que aparezan na túa mensaxe e que me faga cargo e responsábel dos mesmos. Porén, será sempre responsabilidade do remitente a veracidade de ditos datos e tamén da mensaxe contida así coma dos seus adxuntos.
Lembra tamén que podes pedirme a través do mesmo enderezo de correo electrónico que che manteña informado das novidades relacionadas coa miña actividade fotográfica. Nese caso seguiremos mantendo unha comunicación máis regular, pero sempre do mesmo xeito, entre ti máis eu.
En calquera caso, os datos os seguirei xestionando eu mesmo e baixo ningún concepto os cederei a terceiros sen o teu previo coñecemento e consentimento escrito.
Con todo, debes tamén saber que en calquera intre podes usar o mesmo enderezo de correo electrónico para pedirme que che informe dos datos de carácter persoal que puidera ter sobre ti e pedirme que os esqueza en parte ou na súa totalidade.

Anxo Dafonte
(Autorretrato, 2020)

Tamén uso Redes Sociais
...pero iso é outra historia...
Por suposto, tamén tes a opción de contactarme polas redes sociais, mediante comentarios, mensaxes directas e todo iso que seguramente ti coñezas case mellor ca min. Pero tes que saber que se usas as redes sociais o tema das galletiñas e da privacidade e todas esas cousiñas xa dependen de cada unha desas plataformas.
Con todo, coma é de agardar, non me agocho e vouche deixar o xeito de atoparme nelas.
Teño Twitter, Facebook e Instagram... tamén canle en YouTube e Vimeo pero polo de agora iso do vídeo coma que non me chama e pouco vas a atopar neles.
En todas as redes sociais procuro ter sempre o mesmo nome de usuario, así que vaiche ser sinxelo atoparme sen que eu che poña ligazóns por aquí porque entón xa estaría incumprindo a miña propia filosofía sobre galletas e privacidade.
Pero se procuras por Anxo Dafonte ou polo usuario rua35ad (igual tes que poñerlle unha @ antes) seguramente che saia... incluso nas ferramentas de mensaxería coma Telegram!
Back to Top