Anxo Dafonte
Fotografía: ©Patty Inostroza, 2020

DEIXA QUE CHE MANTEÑA INFORMADO
Non perdas nada do que publique ao longo da semana e mantén unha comunicación directa comigo.
Para elo, simplemente tes que pedirmo a través dun correo electrónico ao meu enderezo:
Esa comunicación será persoal e comprométome a facerme totalmente responsábel dos datos de carácter persoal que facilites, os cales non vou vender nin traspasar de ningún xeito a terceiros sen o teu previo coñecemento nin consentimento.
Non vendo nada e polo tanto será unha comunicación totalmente persoal, coma a que podes manter con calquera coñecido.
O único que farei será incluirte nunha listaxe de correo que usarei para remitir de cando en vez as novidades do que ande a publicar ou mesmo argallar. Será unha comunicación persoalizada, de ti a ti.
En calquera caso, eu non envío publicidade nin arquivos adxuntos sen previo aviso ou solicitude por parte do destinatario.
Tamén podes usar o mesmo enderezo de correo electrónico para pedirme que che dea de baixa desa listaxe en calquera momento e sen compromiso pois eu só busco xente que desexe manter relación comigo e non que se sinta molesta.
Unha vez comecemos esa relación poderás preguntarme por correo electrónico calquera dúbida que che xurda con respecto á fotografía, tanto de técnica, de composición ou de calquera outra cousa que se che ocorra e respostarei canto antes tentando darche unha solución clara e concisa, sempre que estea da miña man e teña abondos coñecementos para elo e, do contrario, tamén cho farei saber pero resposta sempre recibirás, antes ou despois.
Grazas polo teu interese.

Back to Top